Mellora dos fondos bibliográficos da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco

As Pontes benefíciase das axudas da Consellería de Cultura e Educación para mellorar os fondos bibliográficos da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco. A Secretaría Xeral de Cultura aportará unha achega de 2219 euros para a adquisición de libro infantil, xuvenil e tamén para adultos; material sonoro, en forma de CD ou vinilo; videogravacións, en DVD e Blu-Ray; recursos electrónicos como CD-ROM, DVD-ROM ou calquera outro formato para videoxogos, partitutras e material cartográfico. Proximamente a Biblioteca Municipal comezará a rexistar o novo material que se adquira con cargo a esta subvención, e que incluirá dende novidades, pasando por libro infantil e tamén DVDs para os pequenos da casa.

Estes materiais deberán estar dirixidos ao mantemento ou renovación da colección e terán por obxectivo o préstamo a domicilio ou a consulta dentro das instalacións da propia biblioteca. As bases para a concesión desta axuda económica tamén especifican que un % do material que se adquira ten que ser en lingua galega.

O principal obxectivo desta liña de subvencións da Consellería de Cultura destinada á mellora de coleccións bibliográficas é ampliar e renovar os fondos bibliográficos que configuran as coleccións das bibliotecas públicas municipais de Galicia, mediante a adquisición de novidades bibliográficas, co fin de colaborar na súa actualización e mantemento e, deste xeito, atender as demandas dos usuarios e usuarias.

Esta axuda correspóndese cunha subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia dirixida á melosa das coleccións bibliográficas das bibliotecas por un importe de 2.219, 11 euros, dos que a este ano corresponden 1.212 euros e quedan 1607,11 para o ano 2016.

RTVEume|