Medidas alternativas ás sancións impostas por consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade

img-18sign[1]

A Consellería de Sanidade publica no DOG do 22 de xullo de 2014 o decreto que regula o sistema de substitución de sancións impostas por incumprimento da Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

Medidas alternativas:

a) Ás persoas maiores de idade, por traballos ou actividades en beneficio da comunidade cando así sexa solicitado polo infractor ou polo seu representante legal.

b) Ás persoas menores de idade, pola realización de traballos ou actividades en beneficio da comunidade e/ou pola realización de programas preventivos de carácter formativo ou informativo, ou de tratamento, logo de solicitude do/da menor e coñecemento e aceptación dos seus pais, nais, titores/as ou gardadores/as legais e coa compatibilidade coas actividades escolares ou laborais.

Máis información no DOG do 22 de xullo de 2014