MATRÍCULA ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2014-2015

Hoxe MÉRCORES día 17 de setembro iniciase a matrícula das Escolas Deportivas Municipais. Os impresos poderán recollerse nas oficinas do pavillón polideportivo municipal, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas. (Tfno.: 981 452 602 – deportes@aspontes.org)

O alumno considerarase matriculado unha vez realizado o pago da taxa vixente nos prazos establecidos.

As escolas deportivas que se impartirán son as seguintes:

  • ATLETISMO: luns de 18.15 a 19.30 h., mércores e venres de 17.30 a 19.00 horas no pavillón do IES Moncho Valcarce, a partir de 5 anos. (Consultar os grupos no departamento de deportes)
  • BALONCESTO: mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas no pavillón municipal, a partir de 5 anos
  • PATINAXE: xoves de 18 a 21 horas no pavillón Monte Caxado, a partir de 3 anos.
  • KAYAK-POLO: sábados de 18.30 a 19.30 horas na piscina, a partir de 14 anos.
  • PSICOMOTRICIDADE: martes e xoves de 17 a 19 horas na piscina, a partir de 3 anos.
    • TAEKWONDO: martes e xoves de 17 a 19 horas no pavillón municipal, a partir de 4 anos.
    • TENIS: martes e xoves de 16 a 22 horas nas pistas municipais de tenis e no pavillón IES Castro da Uz, a partir de 8 anos.
    • TIRO CON ARCO: martes de 17 a 19 horas, mércores e venres de 16 a 20 horas na bolera do Lar e nas instalacións do club no Poboado, a partir de 8 anos.
    • XADREZ: luns, martes e xoves de 18 a 19:30 horas no pavillón municipal, a partir de 5 anos.
    • XIMNASIA RÍTMICA: martes e xoves de 17 a 19.30 horas e venres de 17 a 19:30 horas no ximnasio do CEIP A Magdalena e no pavillón municipal, a partir de 3 anos.(Consultar os grupos no departamento de deportes)
    • VELA: (obrigatorio saber nadar), domingos de 10:00 a 14:00 horas no pantano, a partir de 10 anos.