Intercambio xuvenil

Intercambio xuvenil en Sicilia (Italia). Programa Erasmus+:Xuventude en Acción PDF Imprimir
Martes, 07 Abril 2015 06:49
roccavaldina-01A Asociación de veciños Camino Real de Galicia como socia dun proxecto de Erasmus+: Xuventude en Acción oferta catro (4) prazas para participar nun intercambio xuvenil que organiza o Concello de Roccavaldina e que se desenvolverá en Sicilia (Italia) do 20 ao 27 de maio de 2015.

Título: ” Instruments of promotion for youth employment: building our future”
Datas: 20-27 de maio de 2015
Prazas: 4
Destinatarios/as: mozos/as con idades comprendidas entre os 18-30 anos
Entidade organizadora: Municipality Roccavaldina.
Lugar de realización: Venue, Roccavaldina. (Me) Sicilia. Italia
Países participantes: Reino Unido, Croacia, Estonia, Italia, Portugal, Romanía, España, Eslovaquia
Participantes totais: 38
Cota de participación: 150 €
Cobertura: Os gastos de viaxe (ata un máximo de 270 €), aloxamento, manutención e os derivados da realización das actividades no marco do intercambio serán cubertos pola entidade organizadora.
Gastos de viaxe:A achega máxima do proxecto para o transporte por participante será de  270 € (no caso de que o importe do gasto polo transporte sexa superior aos 270 €, a diferenza será a cargo do/a participante).
O billete de avión será comprado pola entidade organizadora italiana, previo aboamento da cota de participación por parte do/a mozo/a seleccionado/a.
No caso de que o mozo ou moza seleccionado/a proceda á compra do billete pola súa conta, non terá dereito ao seu aboamento.
Unha vez emitido o billete de avión non haberá posibilidade de cambiar o nome do/a participante, así como tampouco o dereito á devolución da cota, no caso de que o mozo ou moza seleccionado/a non poida participar no intercambio.
Será a cargo do/a mozo/a seleccionado os gastos de viaxe de ida e volta dende a súa localidade de orixe ata o aeroporto galego de saída e chegada respectivamente.
Aloxamento.: En hotel de tres estrelas ou similar, en habitacións de uso múltiple dobres ou triples (situación fronte á praia).

Inscrición.: Os mozos e mozas interesados en participar neste intercambio xuvenil deberán remitir no prazo más breve posible ao correo electrónico tutora_ali@yahoo.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo a seguinte información:
1. Nome (segundo figura no documento identificativo co que se vaia a viaxar).
2. Apelidos (segundo figuran no documento identificativo co que vaia a viaxar)
3. Domicilio (segundo figura no documento identificativo co que vaia a viaxar)
4. Localidade
5. DNI ou pasaporte, segundo o documento co que vaian a viaxar
6. Data de nacemento
7. Teléfono móbil de contacto
8. Correo electrónico de contacto
9. Teléfono de contacto en caso de emerxencia
10. Manifestación se queres ou non recibir por correo electrónico información sobre outros proxectos de intercambio xuvenil

Recibida as solicitudes a entidade organizadora poñerase en contacto por correo electrónico con todos/as solicitantes comunicando a obtención ou non de praza. No caso de obter praza facilitaralle aos seleccionados/as máis información sobre o intercambio, así como a forma de aboamento do cota de participación.

Cobertura sanitaria: Os/as mozos/as participantes seleccionados/as que participen no intercambio deberán participar no mesmo coa Tarxeta Sanitaria Europea ou ben o documento xustificativo da súa solicitude.

Recoméndase viaxar co Carné Xove.

Máis información:
tutora_ali@yahoo.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo