Intercambio xuvenil

Intercambio multilateral Erasmus+ en Sicilia – Italia

PDF Imprimir
SANTALESSIO2

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado é socia no proxecto “Youth Violence Behaviors – 2.0 Threath”, que organiza o Concello de Sant’Alessio Siculo (ME), Sicilia en Italia, no marco do programa Erasmus+, un programa que pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas das persoas mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos  no estranxeiro.

O proxecto terá lugar en Sant’Alessio Siculo (ME) (Italia), no que participarán mozos e mozas de dez asociacións e organismos públicos e privados de 10 países europeos . Un total de 50 persoas mozas de 10 países da Unión Europea terán a oportunidade de participar activamente no intercambio xuvenil, no que se levarán a cabo diferentes actividades.

O proxecto inspírase na idea principal de respecto á diversidade e ao sentimento da tolerancia, a prevención da violencia e o uso consciente das novas tecnoloxías e as redes sociais, a discriminación e a inclusión social, que expón as persoas mozas ás novas formas de violencia coñecido como acoso cibernético, sexting e as ameazas en liña. O obxectivo principal do proxecto é promover unha cultura de “seguridade” na rede: as boas prácticas difúndense amplamente e poden dar apoio a mocidade na súa sensación de benestar, na prevención da conduta antisocial e na minoración da marxinación, a discriminación e a exclusión.

Países participantes: Bulgaria, Portugal, Romanía, Hungría, Letonia, Eslovaquia,Estonia,Reino Unido, Italia e España.
Datas de realización do intercambio: do 20  ao 28 de outubro de 2015.
Destinatarios/as: persoas mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos.
Prazas: 4 prazas.
Prazo de inscrición: do 27 de setembro ao 4 de outubro de 2015.

A inscrición realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude.

Os/as participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Sant’Alessio Siculo (ME) , pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome do participante e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.
A organización do intercambio cobrara unha taxa de 100 euros por participante como cota de participación para o proxecto.

Admisión: Será por rigorosa orde de inscrición sempre ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir confirmación desta aos tres días de finalizado o prazo de inscrición, entenderase que non obtivo praza para participar no intercambio.

Confirmada a praza nos 3 días seguintes  laborables, os/as seleccionados/as deberán remitir  a galeuropa@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo a seguinte documentación:
– Factura e billetes de transporte ata o aeroporto italiano.
– Fotocopia do DNI
– Fotocopia da Tarxeta Sanitaria Europea e póliza de seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade.

Recibidas correctamente as copias dos documentos solicitados, aos/ás seleccionados/as facilitáraselles posteriormente os datos de contacto do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro na cidade de realización do intercambio.
Se houbera algunha baixa despois da adxudicación das prazas, ofertarase aos seguintes na lista de espera, tendo que presentar estes a documentación precisa nun prazo de 3 días laborais trala comunicación.

Cobertura do intercambio:
– Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
– Trasporte local no ámbito do intercambio
– Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Máis información:
galeuropa@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
981 544 645 e 981 544 869