Interactuando no Tempo Libre 2016

Interactuando no Tempo Libre 2016

Mercores, 23 Marzo 2016 12:36
interactuando_logo 10as xornadas galegas de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, pon en marcha unha nova edición de Interactuando no Tempo Libre, conscientes da necesidade de xerar espazos abertos para a escoita, a interacción, o encontro, o intercambio de experiencias e a reflexión construtiva no eido do tempo libre.

No 2015 convocouse un foro aberto para debater sobre a necesidade de dar continuidade aoInteractuando no Tempo Libre, os posibles contidos temáticos, a metodoloxía e o formato máis axeitado para estas xornadas. As conclusións foron claras e unánimes: é tempo da 10aedición de Interactuando!!

O obxectivo último é o de crear un espazo de reflexión e debate acerca da importancia da educación non formal como acción educativa e transformadora no eido do tempo libre, a través dunha metodoloxía activa e participativa.

As xornadas desenvolveranse no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), entre os días 6 e 8 de maio, e están abertas a calquera persoa relacionada co ámbito do tempo libre.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 20 de abril. O prazo para que as persoas inscritas que estean interesadas en participar no panel nos envíen por email a descrición da súa experiencia remata o 25 de abril.

A inscrición e participación non ten custo, e inclúe o aloxamento e manutención na instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío dende a cea do venres ata o almorzo do domingo. O xantar do domingo é opcional para quen o solicite.

Mais info: www.xuventude.net