Instrucións para realizar a matrícula das probas de acceso de xeito telemático.

O procedemento é o seguinte.

O primeiro e realizar o abono da taxa na Oficina de Recadación do Concello (Avda. Castelao 36) ou por transferencia bancaria a Concello de As Pontes, ES1920800230693110000012, indicando no concepto:”matrícula proba acceso conservatorio” e o nome do alumno ou alumna.

O importe -Segundo a ordenanza fiscal No 10 modificada o 17 de setembro de 2004- e de 100€ en xeral e de 50€ para membros de familias numerosas, que o acreditarán xuntando copia do libro de familia numerosa.

Despois acceda á Sede Electrónica do Concello de As Pontes dentro da páxina https://concello.aspontes.org/

(aquí) e unha vez ahí de ela seleccionar Actividades Culturais e Deportivas e no desplegable escolleremos Solicitude de inscrición en aula de actividades.

O que veremos aí será unha pantalla como a seguinte:

captura

Alí poderemos descargar o impreso de solicitude de proba de acceso que tamén podedes descargar directamente nesta ligazón. O impreso o cubriremos no noso ordenador ou o imprimimos, cubrimos en papel e escaneamos.

Seguindo na páxina da sede prememos en iniciar trámite e nos identificaremos na pantalla seguinte (é necesario certificado dixital, DNIe, Cl@ve PIN ou Cl@ve Permanente).

Cubriremos a solicitude xeral

e engadindo os datos obrigatorios (como número de teléfono e a autorización ou non do uso de imaxe) e tamén a data de nacemento. Os demais datos son para outras inscricións.

E para rematar xuntamos a solicitude de matrícula e o xustificante de abono da taxa (e, se fose o caso, a copia do libro de familia numerosa):

Xa só quedaría “Gardar e Avanzar” e asinar dixitalmente toda a documentación.

Dispoñendo da impreso de matrícula tamén se pode introducir na sede polo trámite de “Solicitude xeral”, o procedemento e practicamente o mesmo.

Para información completa sobre a realización das probas podes consultar esta páxina.