Instrucións para a matrícula telemática no Conservatorio para o curso 2020/2021

Para realizar a matrícula de xeito telemático o procedemento é o seguinte.

Accedemos á Sede Electrónica do Concello de As Pontes dentro da páxina https://concello.aspontes.org/

(aquí) e unha vez dentro de ela seleccionamos Actividades Culturais e Deportivas e no desplegable escolleremos Solicitude de inscrición en aula de actividades.

O que veremos aí será unha pantalla como a seguinte:

captura

Alí poderemos descargar o impreso de solicitude de proba de acceso que tamén podedes descargar directamente Solicitude-Matricula-Conservatorio. O impreso o cubriremos no noso ordenador ou o imprimimos, cubrimos en papel e escaneamos.

Seguindo na páxina da sede prememos en iniciar trámite e nos identificaremos na pantalla seguinte (é necesario certificado dixital, DNIe, Cl@ve PIN ou Cl@ve Permanente).

Cubriremos a solicitude xeral

e engadindo os datos obrigatorios (como número de teléfono e a autorización ou non do uso de imaxe) e tamén a data de nacemento. Os demais datos son para outras inscricións.

E para rematar xuntamos a solicitude de matrícula que descargaramos antes (e, se fose o caso, a copia do libro de familia numerosa):

Xa só quedaría “Gardar e Avanzar” e asinar dixitalmente toda a documentación.

Dispoñendo da impreso de matrícula tamén se pode introducir na sede polo trámite de “Solicitude xeral”, o procedemento e practicamente o mesmo.