Instrucións para a admisión en Arte Dramática 2018

 

Instrucións para a admisión en Arte Dramática 2018

A Consellería de Educación publica as probas específicas de acceso a Arte Dramática en 2018 nesta Resolución do 24 de abril. 
Imaxe da ESAD de Galicia
REQUISITOS DE ACCESO:

Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
  • Título de Bacharelato ou equivalente. No caso de ter materias pendentes de bacharelato poderanse inscribir no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato, no prazo extraordinario de matrícula, se houber vacantes.
  • Título de licenciado ou graduado universitario
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba de accesoENLACE.

Superar unha Proba específica:

  • Superar unha proba específica, obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Arte Dramática terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, e axustarase ao disposto no artigo 5 da citada orde, segundo a especialidade para a que se opte.
  • A superación da proba sólo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.

INSCRICIÓN:
  • Prazo comprendido entre o 5 de maio e o 18 de xuño de 2018.
  • A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia facilitaralles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na Secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda.
  • Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas.
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.

PROBA ESPECÍFICA:

– Data de celebración: Comezarán o 26 de xuño de acordo co calendario establecido polos tribunais de cada especialidade.

– Proba específica según especialidades: 
A proba está regulada no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016.
  • INTERPRETACIÓN:  1) Traballo en grupo. 2) Traballo de interpretación. 3) Entrevista persoal.
  • DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: 1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria. 2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática. 3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia. 4) Proba de dirección de actores. 5) Entrevista persoal.
  • ESCENOGRAFÍA: 1) Realización dun debuxo do natural. 2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto. 3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía. 4) Entrevista persoal.

MÁIS INFORMACIÓN DAS PROBAS: Enlace á ESAD.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMITIDOS NA ESAD:
A partir do 12 de xullo.
PROCESO EXTRAORDINARIO DE ACCESO:
No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer probas de acceso extraordinarias na primeira quincena de setembro.

MATRÍCULA:
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 13 e 24 de xullo.