Instrucións de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2018

Instrucións de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2018

Publicáronse as instrucións para o acceso e admisión no Grao de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia para o curso 2018-2019.
Resultado de imagen de restauración catedral de santiago
Restauración del Pórtico de la Gloria
PRAZO PARA A PROBA ESPECÍFICA:
O prazo para inscribirse na proba específica vai do 5 de maio ao 25 de xuño do 2018, na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais De Galicia.
REQUISITOS DE ACCESO:
Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
  • Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato, no prazo extraordinario de matrícula, se houber vacantes.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba de acceso. ENLACE.
Superar unha proba específica de aptitudes:
  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos.
  • Acceso directo: Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar esta proba específica de aptitudes quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales ser reserva un 20% das prazas.
  • De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes
  • A superación da proba sólo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.

DESENVOLVEMENTO DA PROBA ESPECÍFICA:
  • Comezarán o 4 de xullo, de acordo co calendario establecido polo tribunal. Celebraranse na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
  • Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptacións na proba (Ver resolución).
  • Resérvanse prazas para Deportistas de Alto Rendemento.
  • A proba versará sobre os seguintes exercicios:
Exercicio 1: Madureza e formación. Análise dun texto relacionado cos bens culturais que pretenderá apreciar madureza e formación xeral, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación. A cualificación será entre 0 e 40.

Exercicio 2: Aptitude plástica. Constará das seguintes partes:
  • Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético, con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo.
  • Realización dun traballo sobre representación de cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades de cor.
  • Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.
A cualificación deste 2º exercicio, será a media aritmética da puntuación obtida e cada parte, que se cualificará entre 0 e 20.
A cualificación global da proba resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O 1º ponderarase nun 40% e o 2º nun 60%. Para a superación da proba esixirase unha cualificación global igual ou superior a 5.
MATRÍCULA NAS ENSINANZAS: 
Entre o 19 e o 24 de xullo de 2018.