Inscrición de novos alumnos e alumnas no Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

Xa te podes inscribir para o vindeiro curso no Conservatorio Profesional de Música das Pontes.

Cubre e envía o seguinte formulario para reservar a túa praza e poñerémonos en contacto contigo para indicarte como é o acceso.

13 especialidades á túa disposición:

  • Piano
  • Guitarra
  • Percusión
  • Clarinete
  • Frauta traveseira
  • Saxofón
  • Violín
  • Viola
  • Violoncello
  • Trompeta
  • Trompa
  • Tuba/Bombardino
  • Trombón

Clases individuais de unha hora de instrumento e ademais linguaxe musical, educación auditiva, etc.

Acceso a ensino oficial entre os 7 e os 13 anos, curso de estimulación musical a partir dos cero meses e preparación para o futuro acceso para nenos e nenas de 3 a 7.

Aprende música e divírtete con nos.