Iniciamos Parlamento Xove 2015!!!

Logotipo_Parlamento_Xove_plano

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ven de abrir o prazo para a inscrición en Parlamento Xove 2015

Destinatarios: centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A iniciativa Parlamento Xove é unha competición de debate na que os estudantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento (a favor ou en contra) acerca do tema proposto pola organización. Cada equipo está composto por catro alumnos e alumnas e un profesor-coordinador. Os mozos e mozas  deben investigar sobre os temas propostos (distinto na fase preliminar e na final) e, o día do encontro, defender no debate a postura que lles toque por sorteo.

Toda a  información no seguinte enlace:

www.parlamentoxove.com