II Edición da Carreira da Muller na Coruña

O Clube Olympo volvía conseguilo e con el as máis de 400 veciñas que, un ano máis, aceptaban o reto de colaborar na loita contra o cancro de mama facendo deporte na II edición da Carreira da Muller da Coruña. Toda unha experiencia na que non importaba a idade, a condición física ou os desexos de ser a primeira en chegar á meta, e onde se deron cita un total de 5.000 mulleres de todos os puntos da provincia cun único obxectivo: aportar o seu gran de area na loita contra unha enfermidade que se pode vencer.
Novamente, As Pontes e as súas veciñas volvían ser todo un exemplo sumándose masivamente a esta cita e con record e é que se o reto do ano pasado era superar as case 300 participantes pontesas, para este 2014, chegáronse a fletar ata cinco autocares para acoller ás máis de 400 veciñas que decidiron sumarse, un ano máis, a esta convocatoria.