II Concurso de guións contra a violencia de xénero, ano 2015, dirixido á poboación adolescente de entre 14 e 18 anos.

II Concurso de guións contra a violencia de xénero, ano 2015, dirixido á poboación adolescente de entre 14 e 18 anos.

Obxecto: elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero.

O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social e potencialidade audiovisual, que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación en xeral dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.

Premio: outorgarase un premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso, e un premio en metálico de 2.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.

Prazo: 30 novembro de 2015.

Consulta as bases: Triptico_concurso_guions