II Campus Toma de Decisións en Baloncesto

• Os clubes de baloncesto de As Pontes, Ferrol e Sant-Yago da Coruña volven organizar esta cita na que poderán participar 90 rapaces O Concello de As Pontes volverá colaborar na posta en marcha do que será o II Campus Toma de Decisións de baloncesto, que se desenvolverá a finais de decembro no municipio pontés.
O Clube de Baloncesto As Pontes, o Clube de Baloncesto Sant-Yago da Coruña e Clube de Baloncesto de Ferrol serán os encargados, un inverno máis, de poñer en marcha este campus, de cinco días de duración, e co que tamén colaborará a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e a Fundación Deporte Galego.90 xogadores e xogadoras de entre 8 e 15 anos poderán participar neste curso que se desenvolverá entre os días 26 e 30 de decembro, dende as 10.00 horas ata as 19.00 horas, e no que poderán aprender novas técnicas, conceptos e fundamentos deste deporte. De feito está previsto que se traballe a toma de decisións sen balón, o un contra un, a toma de decisións á hora de desenvolver un contrataque ou incluso aprender a entender as metodoloxías de vídeo para a mellora do xogo, ao que se sumarán diferentes partidos, torneos de tiros libres ou triples e ata competicións de 4×4.Estas clases e adestramentos desenvolveranse nos diferentes pavillóns polideportivos de As Pontes e nas mesmas está prevista a presenza do director deportivo do Clube Sant-Yago, Felix Bañobre; a do director deportivo do Clube de Baloncesto Ferrol, Luis Barbeito; e as directrices técnicas de adestradores da ACB coma Xavi García ou Chiqui Barros, aos que se sumarán varios dos integrantes do Clube Baloncesto As Pontes, que xa se encargaron tamén do primeiro campus que tivo lugar o pasado mes de xaneiro.
Para anotarse, os pequenos e pequenas deberán cumplimentar a correspondente inscrición, denantes do 20 de decembro, e que se pode recoller nas oficinas do departamento municipal de Deportes, ubicadas no pavillón municipal.Asemade, será preciso facer un ingreso de 60 euros na conta habilitada para tal fin ( 2080 – 0198 – 21 – 0550052990) e que servirá para facer fronte aos gastos de desprazamento, comidas, roupa e seguro para os cinco días de campus.Para obter máis información tan só é preciso telefonar ao 666 35 52 64.