I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA

I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA
O grupo Os Feroces da Galgueira organizan a I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA o vindeiro 25 de Maio en As Pontes (A Coruña).

Esta xornada consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento: gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.

A Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.

O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo veñen ás Pontes profesionais de primeiro nivel en cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para o alumno. Son:

– Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN.

– Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO.

– Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.

O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que a cada alumno se lle confirme a súa admisión no obradoiro que escollera.

As inscripcións pódense facer dende o 10 de abril ata o 15 de maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.

Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.
A continuación vos indicamos os horarios da Xornada:

09:30 hs. Recepción de alumnos no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes. Presentación do     profesorado e entrega do material.

10:00 hs. Comezo dos obradoiros

11:30 hs. Descanso. Café con mantecadas de As Pontes.

12:00 hs. Reanudación dos obradoiros.

14:00 hs. Xantar. Para os alumnos interesados, haberá un xantar de confraternización no restaurante O PUXIGO. Prezo: 10 €. Autocar gratuito ó restaurante.

16:00 hs. Reanudación dos obradoiros.

20:00 hs. Clausura dos obradoiros. Entrega dos diplomas ós alumnos.

A partires das 20:00, e ata que o corpo aguante, petiscos para os alumnos e foliada na cafetería LAR.

Para calquer consulta ou dúbida ó respecto, podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com, ou nos teléfonos de contacto 649461684 (Miguel) e 625500818 (Carolina).

Sin máis… ¡agardamos vervos na nosa I Xornada Feroz de Música Galega!.