Hola Fabiola

A vindeira semana un grupo de mulleres extranxeiras residentes no Concello de As Pontes empezarán a formarse en novas tecnoloxías da man do programa Hola Fabiola que se levará a cabo na aula CEMIT e esta organizado polo Centro de información á muller -servizos sociais .

Hoxe o ordenador e Internet converteronse nun recurso indispensable para moitas das nosas tarefas cotiás: comunicarnos, informarnos, aprender, …

Para as mulleres que residen fora do seu país as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) representan unha ferramenta moi útil en materia de integración, igualdade, diversidade e comunicación.


HOLA FABIOLA é un programa formativo para aprender a utilizar o ordenador e  a Internet e extraer o máximo proveito á  tecnoloxía.