Formación Profesional Básica

No curso 2014-2015 a LOMCE implantarase en tres cursos de primaria (1º,3º e 5º) e na chamada FP básica que sustituirá aos antigos PCPI.

Os Ciclos de Formación Profesional Básica son ciclos formativos  cunha duración de 2 anos académicos destinados a persoas que non  finalizaron a ESO e queren proseguir os  seus estudos cara a un campo da Formación Profesional.

Os Ciclos de Formación Profesional Básica garanten a adquisición das competencias básicas do aprendizaxe permanente, a través da impartición de ensinanzas de: Lingua Castela, Lingua Extranxeira, Ciencias Sociais, Lingua Galega, Matemáticas e Ciencias Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional.

La superación de un Ciclo de Formación Básica permite a obtención do título de Técnico Profesional Básico da familia correspondente, como tamén dunha cualificación de nivel 1 do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. O título de Técnico Profesional Básico permite o  acceso aos Ciclos Formativos de Grado Medio, como tamén, a obtención do Graduado en ESO si se realiza a proba final de avaliación da ESO.


Requisitos de acceso

a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente,
ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal
para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno
ou da alumna, para cursar estas ensinanzas asinando un documento antes do 9 de setembro.
Tamén poderán presentar solicitude no prazo establecido persoas que faigan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.e que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro
título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
O alumno ou a alumna que fose proposto/a para realizar un ciclo de formación profesional
básica deberá presentar unha única solicitude de admisión e matrícula no centro onde quere estudar.

O prazo de presentación da solicitude de admisión  será o abranguido desde o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de setembro. O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 12 ata o día 19 de setembro.

A oferta educativa  no Concello de As Pontes limítase a un curso de electricidade-electronica no IES Castro da Uz.

Consulta o DOG: FP BASICA IMPORTANTE

Información a partires do 1 de setembro no IES Castro da Uz