Formación para monitores/as

 

Formación de monitorado inclusivo

A aprendizaxe a as vivencias derivadas da participación nun campamento dependen en grande medida de que as/os profesionais coñezan os recursos e estratexias que permitan dar resposta ás necesidades educativas dos nenos e nenas, empregando técnicas e recursos axeitados ás características das persoas.

Sendo conscientes disto e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ven de abrir unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional, convocatoria na que se terá en conta a formación especializada neste ámbito.

Consulta aquí o programa do curso “¿Son 1 monitor/a inclusivo/a?”

Consulta aquí o programa do curso de especialización en TDAH para profesionais do tempo libre

PRAZAS: Para cada un dos cursos25 monitores, monitoras, directores e directoras de tempo libre e de campos de traballo, ou outros/as profesionais do tempo libre con interese en completar a súa formación neste ámbito.

INSCRICIÓN:As persoas interesadas en participar nas accións formativas programadas deberán cubrir este formulario. O prazo para formalizar as inscricións rematará o vindeiro luns 21 de maio. As prazas asignaranse por rigurosa orde de inscrición e segundo a preferencia indicada, en caso de que a persoa estea interesada en ambos cursos (os dous desenvóvense simultaneamente). A obtención de praza dá dereito á comida do día 26 no propio albergue.