Formación para a dinamización da igualdade de xénero dende entidades xuvenís

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Formación para a dinamización da igualdade de xénero dende entidades xuvenís

Obxectivos:
Revisar e analizar as repercusións das relacións sexo-xénero no desenvolvemento integral de mozos e mozas.
Analizar como incorporar a perspectiva de xénero nos obxectivos e actuacións dunha entidade xuvenil.

Finalidade:
Analizar como os factores relacionados coa socialización dos roles de xénero tradicionais inflúen nos hábitos de saúde da mocidade

Destinatarios/as:
Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.

Número de horas: 20
Número de prazas: 50

Contidos:

Relación sexo-xénero
Reproducción dos esteriotipos de xénero nos espazos de relación entre mozos e mozas
Incorporar a perspectiva de xénero nos espazos educativos con mocidade

Data de inscrición: do 8 ao 23 de xuño de 2015.
Data prevista de realización: do 30 de xuño ao 4 de setembro de 2015..

Información.
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico para información xeral: oixuventude.traballo@xunta.es