Fondo solidario para a adquisición de libros de texto e material escolar 2019/2020

 

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

Tipo de axudas:

a) Participación no fondo solidario de libros de texto do centro educativo, do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.


Prazos de presentación de solicitudes: 

  1. Dende o 21 de maio ó 21 de xuño de 2019.
  2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2020.
  3. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obtivera praza en FP Básica no curso 2019/20, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes dende a formalización da matrícula.
Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
 
Requisitos:
  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos obxecto desta convocatoria en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2019/20.
  • Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros (para libros de texto) e 5400 para material. Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2018/19. O prazo máximo para esta devolución será o 21 de xuño 2019 (alumnado de educación secundaria obrigatoria que teña algunha materia pendente ata o 6 de setembro de 2019).
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
DOTACIÓN:
Concederanse as axudas segundo a renda per cápita familiar no ano 2017.
 
Asignación de libros de texto disponibles no fondo solidario do centro:
  • Asignaranse por según renda ata esgotar existencias, tendo preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou alumnado cunha discapacidade igual ou superior ó 65%, independentemente da renda.
  • Esgotados os libros o centro adquirirá os libros de texto necesarios e asignaranse según criterios de renda per cápita:
  1. Igual ou inferior a 5400: 6 libros.
  2. Superior a 5400 e inferior a 9000: 4 libros.
  3. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: 6 libros indepedentemente da renda.
Contía da axuda para adquirir libros de texto:
a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.
2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.

b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
1º. Renta per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
2º. Renta per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 90 euros.
Alumnado de ESO:
1º. Renta per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 180 euros.
2º. Renta per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 104 euros.

Contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € será de 50 €. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

ENLACES PARA INFORMARSE: