Folga do ensino 9 de maio

A COMUNIDADE EDUCATIVA PONTESA SECUNDA MASIVAMENTE A XORNADA DE FOLGA EN CONTRA DA NOVA REFORMA EDUCATIVA

A comunidade educativa pontesa secundaron onte masivamente unha folga convocada para protestar contra o que os convocantes califican como deriva privatizadora. Estudantes, profesores e ANPAS convocaron ó unísono unha xornada de paro destinada a manifestar a súa repulsa común ós recortes derivados da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

O rexeitamento á LOMCE evidenciouse nun seguemento masivo da xornada de paro, sobre todo entre o alunado, que apenas acudíu ás aulas. A maior asistencia deuse no colexio de A Fraga, onde non pasaron da dúcia de rapaces e rapazas, no resto dos centros foi case testemuñal a presenza de estudantado. Entre o profesorado si houbo unha maior presenza, anque nunca superior a un 40 % onde máis mestres acudiron ó seu traballo. En Ensino Medio, Primaria e Secundaria o seguemento foi moi semellante e as aulas dos centros ponteses estaban hoxe case valeiras, mentres que na escola infantil aconteceu ao revés e asisitiron case todos os nenos, sendo a tónica fóra do xeral as ausencias, anque si as houbo. Xa á tarde os convocantes do exitoso paro levaron a súa reivinidicación ó terreo da mobilización cunha concentración diante do concello na que estiveron pais, alumnos, mestres, e mesmo políticos, que se sumaran ó chamamento a este acto en apoio da decisión do Consello Escolar Municipal.