Folga de estudiantes

Os estudiantes  de ferrol e toda a comarca voltarán hoxe as ruas de Ferrol nunha nova xornada de folga. Esixirán a derogación absoluta de LOMCE  e as reválidas . Guillermo Díaz, portavoz do Sindicato de Estudiantes, Javier Sánchez e Lorena Dapena, da Federación comarcal de ANPAS din que «parece que xa está todo amañado, non o está». A manifestación partirá as 12 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia sito na praza de España.

Guillermo Díaz, Javier Sánchez e Lorena Dapena

Guillermo Díaz, Javier Sánchez e Lorena Dapena Foto: Diario de Ferrol


Na proposición non de lei aprobada no Congreso se indica que «se vai paralizar a implantación da lei» cando «xa está implantada e vixente», afirma Sánchez presidente da federación de ANPAS A nova norma contempla a paralización do calendario e dos decretos que non estiveran en práctica, pero todos están xa vixentes”

A iniciativa aprobada «non sirve para nada» porque ata que non se aprobe unha nova lei a LOMCE estará vixente. Unha nova lei para a que non hai data e «poden estar cinco anos debatendo e mentres está vixente a LOMCE», criticou Sánchez.

O portavoz do Sindicato de Estudiantes denunciou que «están enganando á xente» porque «non se está dando un paso atrás».«Se mañá non conseguimos o que queremos sairemos de novo á rúa» ata que se logre derogar total e absolutamente la LOMCE e as reválidas,  insistiu o portavoz dos estudiantes.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia” a demagoxia do PP por simular que desaparecen as reválidas cando en realidade lexisla en sentido contrario”

.