o sábado 25 de xaneiro en As Pontes

 

 

¿Gústache argallar? ¿Ver os proxectos dos demáis? ¿Tes algún proxecto en mente? ¿Precisas axuda? ¿Algunha ferramenta?

No pontés tes o que precisas. Impresoras 3D, cortadora CNC, estacións de soldadura… e máis argalleiros para axudar no que precises.

En Asociación Informática Amigus Labs están a aumentar o taller, dende o mes de decembro están a traballar na electrónica da CNC e a montaxe dunha impresora 3D de gran formato.

Este sábado en Amigus Labs continuarán coa montaxe da nosa impresora de gran formato, para iso contarán coa axuda de älvaro Rey de MakerGal

Podedes participar na montaxe da impresora, coñecer este modelo de impresora 3d: como funciona, como se monta e de que partes se compón cada unha das súas pezas.

Ademais se queredes coñecer como funciona o Fab Lab, que actividades realizan ou como asociarte para poder empregalo, haberá unha xornada de portas abertas.

Para asistir só é necesario reservar a túa praza escribindo a amigus@amiguslabs.org

Anímate a participar!!!

COMPARTIR
Artigo anteriorGala benéfica
Seguinte artigoEu almorzo no cole