Festival de rock da asociación xuvenil KONTRASHTE

A Asociación xuvenil Kontrashte celebrará a princípios do mes que ven, a segunda edición do seu festival de rock. O KONTRASHTE
15/06/12FEST II, celebrarase o vindeiro día 7, e reunirá a un conxunto de bandas galegas, todas elas xa cunha probada traxectoria nos mellores escenarios do estado. Como cabeza de cartel estará a mítica banda de folk-metal Runic, que volveron xuntarse logo de 5 anos, en exclusiva, para subirse óescenario deste segundo Kontrashte Fest. O evento musical comenzará ás cinco da tarde, en torno ó escenario instalado na canle IV. E é que se vai comezar cunha exhibición aberta de jugger, un novo deporte que está a cabalo entre o fútbol americano e o hockey, cos xogadores empuñando diversos elementos de loita, agás o portador do balón. A Asociación Galega de Jugger apoiará esta iniciativa de promoción deste novidoso deporte que se inspira na película de 1989 “O sangue dos heroes”. Os concertos musicais non van principiar ata as nove da noite, e a orde será The Somberlain, Twenty Fighters, Raze , Talesien, Runic e Display of Power. Como vemos os estilos irán do heavy-metal, ó thrash-metal, pasando polo black-metal, ou o folk-metal.