Festa de Voz Natura

Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e
defensa da natureza da nosa terra.Somos ya casi 57.000 alumnos y 3.200 profesores de 319 centros educativos, escuelas taller y asociaciones medioambientales dedicados a proteger y recuperar los ecosistemas de Galicia.

Este ano cobran especial protagonismo en Voz Natura as actividades relacionadas coa creación e o mantemento dos hortos ecolóxicos, co fin de fomentar o coidado e a conservación do medio natural, mellorar a  nosa calidade de vida, e promover hábitos saudables.

Voz Natura está preparando a gran festa fin de curso 2015 para o 6 de  xuño. A cita será no parque de Acea de Ama (Culleredo – A Coruña), con entrada libre para todas as personas que desexen asistir e participación gratis en todas as actividades.

A  festa comeza as 11.00 e se prolonga ata as 19.30 horas. No parque instalarasen postos de comida e existen amplias zonas verdes onde poder comer.  Tratase dun recinto cunha superficie de seis hectáreas e pechado para facilitar a seguridad dos máis pequenos.