Feliz día da nai

A maioría das familias monoparentais son monomarentais xa que é a muller a responsable do seu fogar. O número destas familias triplicouse dende o 2003 A situación actual de moitas destas familias é preocupante.

Ollos de miña nai,
sen eles a miña historia, non ten ollos.

(Xohana Torres).

Un 72% das nais solteiras viven cos fillos baixo o paraugas doutros familiares o de institucións porque non dispoñen de recursos para facelo de modo independiente.A maioría destas mulleres teñen dificultades para acceder a un emprego e cando o teñen é un emprego precario sen a adecuada protección social.Os prexuizos negativos respecto as nais soas e outro impedimento para ser contratadas. De feito, para o mercado en xeral e as empresas en particular, ser nai soa constitue un indicador inequívoco de menor productividade, maior absentismo e mayor conflictividade laboral.Así a precariedade laboral non é casual, senon que moitas nais soas vense abocadas a ela, dunha parte debido a sua escasa formación e experiencia laboral e, doutra, debido a sua necesidade de conciliar responsabilidades familiares e laborais xa que o mercado regulado ofrecelles empregos con gran rixidez horaria, e elas acaban por marchar ao traballo desregrado cuxo horario poden adaptar as suas necesidades familiares. Es por tanto sinxelo aventurar que estas circunstancias enchen de tensión a su vida e previsiblemente teñen consecuencias para a sua saude.

Na actual situación de crise a pobreza golpea especialmente as familias monomarentais

En países como Finlandia, Suecia o Dinamarca, entre os fogares monomarentais existe un porcentaxe menor de pobreza que no promedio nacional de fogares. Nestes países, formar parte de familias monomarentais supon asumir un risco menor de padecer situacions de exclusión social. Por que? Pois porque nestes paises existen medidas específicas de apoio as familias monomarentais das que carecemos no noso país.Estamos a falar de medidas como o adianto de pensións de alimentos en caso de impago,desenrolo de programas específicos de promoción do emprego o a prioridade no acceso a garderías. As políticas familiares en España están caracterizadas xeneralmente pola sua precariedade, e neste ámbito concreto pola súa ausencia absoluta. Corresponde aos poderes publicos deseñar e aplicar politicas que melloren a calidade de vida destas mulleres e dos seus fillos.