FEIRA DO CABALO

A asociación hípica Cabaleiros do Eume celebrará este domingo a súa feira anual adicada ao mundo do cabalo. Un acontemento que celebrará o seu 15º aniversario, coma sempre, na Canle IV, a carón do campo de rugby Monte Medulio.
Alí instalarase o tradicional circuíto que albergará as probas de trote, galloupe e marcha ademáis dos postos de produtos adicados ao mundo do cabalo e de mercadorías do máis diversas, xunto cos tradicionais postos de venda de polbo e churrasco para que a diversión e a oferta lúdica e gastronómica da xornada sexa completa.
Polo momento, non hai previsión de participación pero dende a organización confían en alcanzar as cifras de anos anteriores con máis dun cento de inscritos, sempre que o tempo acompañe.
O cartel da xornada é do máis atractivo e é que durante toda a xornada desenvolveranse probas equinas, nas que se repartirán máis de 2.300 euros en premios.

Os xinetes poderán anotarse ata as 10.30 da mañá, aínda que a feira en sí está previsto que de comezo xa ás 10:00h coa apertura de postos e a exposición de monturas. Os interesados en participar nas probas de marcha, trote e galope deberán presentar a documentación e seguro do animal.

As primeiras carreiras darán comezo ás 11:00h coa marcha de cruzados na que se repartirán 5 premios de entre 30 e 150 euros. Posteriormente, celebrarase a proba de trote nas modalidades de trotóns e cruzados, onde haberá premios para os tres primeiros clasificados e que van dos 60 aos 100 euros.
Xa para a tarde están programadas as carreiras de marcha para cruzados, trotóns e as carreiras de galope para animais de menos de metro e medio e máis de 1.50; probas nas que tamén haberá premios do máis atractivos que van dos 30 aos 150 euros.

Unha xornada na que novamente o mundo do cabalo será o homenaxeado e no que tamén se darán cita cabaleiros locais e doutros concellos da contorna, ao igual que aconteceu o pasado ano onde non faltaron monturas vidas de Ferrol, Vilalba ou incluso de Asturias.
2015-09-16T10:53:51+00:0016/09/2015|