Exhibición solidaria

A Garda Civil organiza nas Pontes unha exhibición solidaria para nenos de toda a comarca

A Garda Civil organiza conxuntamente co Concello das Pontes unha exhibición con fins solidarios no noso municipio, á que se prevé que acudan uns 2000 nen@s de toda a comarca. Será o mércores, 4 de maio de 2016, no Canle IV na zona do Heliporto. O obxectivo é difundir e mostrar as diferentes funcións da Garda Civil e aproveitando o evento levarase a cabo unha campaña de recollida de alimentos e material escolar a favor de Cáritas, que contarán co seu propio stand na zona durante a exhibición.

O acto comezará ás 10:00h da mañá para a comunidade educativa e finalizará ás 19:00h, en horario de tarde está aberto ao público en xeral que desexe acudir.

Ao evento asistirán distintas autoridades militares que estarán acompañados polo Delegado do Goberno en Galicia, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia e o Presidente da Deputación e Alcalde das Pontes, Valentín González Formoso.

COMPARTIR
Artigo anteriorReválidas
Seguinte artigoFestival de Francofonía