Exhibición de baile en As Pontes sabado 8 de febreiro

O grupo fenés Fusion Dance protagoniza este sábado unha exhibición en As Pontes
A Concellería de Xuventude  traerá este sábado ata As Pontes unha exhibición de baile moderno protagonizada polo grupo Fusion Dance, de Fene. A actuación arrincará ás 19.00 horas , no polideportivo municipal da Fraga e a entrada será totalmente libre.
Fusion Dance chegará a As Pontes cuna coreografía que aunará unha grande variedad de estilos coma o hip-hop, o lyrical hip-hop, o locking, o popping, o waacking, o tutting, o krump, o new style, o commercial ou break dance que se combinarán con numerosos cambios de posición, estrutura e recursos característicos de cada alumno, con piruetas e waves. Esta exhibición contará con catro bloques nos que o protagonismo será para o baile deportivo con funky, hip hop e o mj style, anque haberá lugar tamén para a zumba, ou o latino, e con grupos de todas as idades.