Exames para a obtención dos Celga en 2014

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai pública a convocatoria de probas para a obtención dos Certificados de lingua galega (Celga) en 2014. Hai unha única convocatoria e o prazo de matrícula está aberto até o 11 de abril

PERSOAS DESTINATARIAS
Maiores de 16 anos

PRAZO DE INSCRICIÓN
Até o 11 de abril de 2014

DATAS DAS PROBAS
Celga 1: 22 de xuño
Celga 2: 15 de xuño
Celga 3: 21 de xuño
Celga 4: 14 de xuño

LUGARES DOS EXAMES
-Celga 1: Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid e Ponferrada
-Celga 2, 3 e 4: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Barcelona, Madrid e Ponferrada

TAXA
15,61 €

-Convocatoria completa (DOG do 11/3/13)