Exames para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia está a regular o proceso de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, a través dun mecanismo normalizado de certificación, baseado tanto na formación como no proceso de acreditación destas competencias, que estea amparado pola lexislación vixente europea, estatal e autonómica e que sexa recoñecido e valorado tanto no ámbito público como no privado.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

A rede CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.es/ema) os materiais formativos que forman parte do curso Codix baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

O prazo para a inscrición estará aberto ata o 20 de outubro de 2015
Máis información no DOG do 13 de outubro de 2015 e en https://cemit.xunta.es/

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2015 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

AnuncioG0177-021015-0001_gl