Estrea en As Pontes

Este venres 27 estrease DOR, no Auditorio M. Cine Alovi  ás 21.00 horas.

Dor é unha curta escrita e dirixida por Lino Braxe, con Manuela Varela, Xosé Bonome, Pedro Picos, Roi Picos, Sofía Fernández Braje, Lino Braxe, Uxía Vázquez,  Sara Pena e Raquel Espada.

DOR é un corto baseado nunha experiencia real que o autor do guión do mesmo viviu nun país sudamericán. Non se trataba de contar unicamente a anécdota do atraco que sofre a protagonista do filme, senón de contar a historia de varios personaxes que percorren a cinta. Coñeceremos o mundo no que se moven os atracadores e o mundo dos que sofren o seu atraco. Os diálogos que teñen lugar durante o mesmo, están recollidos da escena que o propio director escoitou. O resto de intervencións dos actores son ficción. Era necesario apostar pola ficción e non por un documental.

Trátase dun corto que tenta denunciar o asasinato de milleiros de nenos por violencia no mundo