Este sábado danza para toda a familia no Alovi

ARACALADANZA: CONSTELACIONES

c o n s t e l a c i o n e s

idea, coreografía e dirección: Enrique Cabrera

espectáculo de danza para público familiar (nenos e nenas a partir de 4 anos)

inspirado no universo de Joan Miró

duración: 50´

música: Mariano Lozano P. Ramos Luis Miguel Cobo Música Numbers 1-4 – Simon Jeffes. Music for a found harmonium – Simon Jeffes © 1976 Editions Penguin Café Ltd.

elenco: Carolina Arija Gallardo · Jorge Brea Salgueiro · Raquel de la Plaza Húmera · Jonatan de Luis Mazagatos · Jimena Trueba Toca

Quen inspira este soño?…Mestre da cor, Joan Miró sempre nos fascinou coa súa mirada límpida e transparente. O seu artesanal xeito de crear logrou atravesar formas e movementos para crear unha linguaxe propia cargada de luz. A súa segura destreza, froito da entrega e o esforzo, desenvolveu con mestría diversos linguaxe nos que afirmou o seu compromiso. A súa atrevida poesía alentou con imaxinación interpretacións oníricas que, excedendo o surrealismo, dan conta da Vida.

Mediterráneo de espírito, Joan Miró nos convenceu e inspirou para volver a xogar sobre o escenario e aspirar a transmitir un alento de emoción.

c o n s t e l a c i o n e s

Imaxina unha praia. A marea está baixa. A area está mollada e lisa. Non hai nin unha pisada. É coma un encerado limpo. Tes un pau na man. Ou quizais non. Pon que só tes os teus dedos… Agáchaste. Non sabes que debuxar. Non queres estragar a area, aínda que se miras ao lonxe, podes ver que hai moita praia, moita area sen pisar. E entón te decides e pintas e escarvas e pisas forte e pos as mans. Acerca á beira con coidado. Sabes que unha ola te pode mollar. E sabes que pode borrar os teus debuxos, as túas esculturas, todo o que fixeches coas túas mans.

Así creaba Joan Miró uando pintaba, esculpía ou tecía.

E así fixemos nós para inventarnos Constelaciones, que é a terceira obra de Aracaladanza inspirada nun artista plástico.

Nós traballamos con algunhas das cores e das formas que utilizaba Miró e démoslle movemento sobre o escenario. Fantasiamos historias que non teñen ningún sentido. Fixémolo porque nos divirte.

Se podemos lograr que o pases ben, estaremos contentos.

E se ademais, cando saias de ver a función se che ocorren ideas e deixas voar a imaxinación, ¡xa nin te digo!

http://www.aracaladanza.com/en-gira/constelaciones/

sobre a compañía

Fantasía, imaxinación e maxia estes son os ingredientes esenciais do traballo de Aracaladanza, compañía de danza contemporánea madrileña, coñecida polas súas propostas escénicas serias, rigorosas, sen concesións e de alta calidade. A súa traxectoria; a súa esixencia estética, artística e técnica e a súa proxección nacional e internacional foron distinguidas có Premio Nacional de Teatro para la Infancia y la Juventud 2010, concedido polo Ministerio de Cultura do Goberno de España. O traballo pioneiro realizado en España pola compañía dirixida por Enrique Cabrera converteuse en referente nacional e internacional. O Reino Unido amosou un especial interese polo compromiso desenvolvido por Aracaladanza nos últimos 15 anos da súa existencia (apoio á nova creación; formación profesional e artística; fomento de novos públicos; creación independente, artesanal e precisa; desenvolvemento de equipos artísticos…). De feito, Aracaladanza colabora de xeito estreito coas axencias británicas de danza DanceEast, DancexChange así como coa Universidade de Nottingham e o seu Lakeside Arts Centre. En España, os seus traballos lograron a unanimidade da crítica e o público. As súas producións, ademais, foron galardoadas con premios tan importantes como o Villa de Madrid á Mellor Coreografía 2005 polo espectáculo ¡Nada…Nada!, ou os entregados durante sucesivas edicións de FETEN: Mellor Espectáculo de Danza, Mellor Banda Sonora e Mellor Deseño de luces (1999) por Ana y el arco de colores; Mellor Deseño de Vestiario (2001) por Maletas; Mellor Espectáculo (2003) por Visto y no Visto; Mellor Deseño de Vestiario e Caracterización (2005) por ¡Nada…Nada!; Mellor Espectáculo e Mellor Música Orixinal (2007) por Pequeños Paraisos e Mellor Espectáculo (2010) por Nubes. Aracaladanza, ademais, foi a primeira compañía de danza española e a primeira adicada ao público infantil e familiar que logra obter tres premios MAX nunha mesma edición. Este fito na historia do galardón, que se logrou en 2008, supuxo que Pequeños Paraisos gañara o que recoñecía ao espectáculo como Mellor Espectáculo Infantil; Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Escenografía.

Pero o recoñecemento que máis interesa a Aracaladanza é o privilexio de fascinar a un público esencial para o presente e o futuro da danza española. Fíxoo, ao longo da súa historia, con: 3 pezas de curta duración; 10 producións de mediano formato; 4 espectáculos pensados para ser representados en rúas e espazos non convencionais; 1 traballo adicado a bebés e 7 encargos coreográficos nacionais e internacionais. Nos catro últimos anos, a compañía levantou o telón en máis de 600 ocasións; visitou festivais internacionais de África, Europa e Asia; mantivo unha estreita colaboración con compañías arxentinas de teatro e títeres e pisou escenarios de Alemaña, Holanda, Francia, Hong Kong, Marrocos, Reino Unido e Taiwán. Ademais, estreou a versión de gran formato de Nubes no máis prestixioso escenario da danza do mundo: o Sadler’s Wells Theatre de Londres. Coa estrea, a finais de 2006, de Pequeños Paraisos, Aracaladanza alumou un ambicioso proxecto: a creación dunha triloxía escénica baseada na obra de mestres da pintura: o Bosco, Rene Magritte e Joan Miró. Nubes, espectáculo baseado no universo surrealista do pintor belga René Magritte, supón ademais un reto para a compañía madrileña xa que a súa produción foi suxerida por institucións teatrais europeas tan influentes coma o Sadler’s Wells Theatre de Londres e a axencia británica de danza DanceEast.

Auditorio M. Cine Alovi · sábado 12 de abril · 18:30 h
Venta de entradas:
– Reserva telefónica: do martes 8 ao xoves 10 de abril de 9 a 14 horas. Teléfono: 981 440344
– Horario de taquilla: venres 11 de 12:00 a 13:30 h
sábado 12: de 12:00 a 13:30 h e dende as 17:00h
Prezo: 5 € e 2.50 € reducida: menores de 12 anos, carné xove, carné de estudiante e maiores de 65 anos)