Espectáculo didáctico: historia e evolución da música contemporánea

Este sábado día 26 de abril as 19:00 no Cine ALOVI de As Pontes terá lugar o espectáculo didáctico Historia e evolución da música contemporánea organizado pola Asociación Cultural Virgula coa colaboración do Concello de As Pontes.

Este espectáculo interpretado pola Jin Tony´s son band pretende facer chegar ao espectador dun xeito claro e asequible a evolución da música que marcou o noso século de forma cronolóxica e comparativa. Todo elo dende un punto de vista ameno, didáctico e pedagóxico.