Escolas municipais de cultura: aberto o prazo de matrícula

MATRÍCULA ESCOLAS MUNICIPAIS CULTURAIS CURSO 2014-15

A partir do luns 8 de setembro comeza a matrícula das actividades das escolas municipais de cultura.

As actividades ofertadas son: GAITA · PANDEIRETA · ACORDEÓN · BAILE GALEGO · PERCUSIÓN · DANZA CLÁSICA · BAILE MODERNO · FLAMENCO


Destinatarios: persoas empadroadas no Concello das Pontes (as prazas non cubertas polos veciños das Pontes poderán ser ocupadas por persoas interesadas que presenten a solicitude en prazo)

Lexislación: Regulamento das escolas municipais culturais, BOP, nº 177 de 15/09/10 e BOP nº 201 de 22/10/2012

a) ALUMNADO MATRICULADO NO CURSO 2013-2014

Solicitude de renovación de praza: do luns 8 ao 15 de setembro

O alumnado matriculado no curso 2013-14, ten dereito á reserva de praza, sempre que:

– Completase todo o curso anterior con asistencia habitual ás clases

– Non ter recibos pendentes

– Non se solicitara baixa do curso anterior

Todo alumno se matriculará no mesmo grupo no que rematou o curso anterior

b) ALUMNADO DE NOVA MATRICULACIÓN

Prazo de solicitude: do 18 ao 25 de setembro

Adxudicación de prazas:

DIRECTA: no caso de que a demanda non supere o número de prazas disponibles

SORTEO: no caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas disponibles

O listado de prazas vacantes, xunto coa data e horario do sorteo exporase o mércores 16 no taboleiro de anuncios do Dpto. de cultura.

Para todos os alumnos: o alumno considerarase matriculado unha vez realizado o pago da taxa vixente no prazo estipulado.

Documentación a presentar: impreso de solicitude de matrícula.

MATRICULACIÓNS: Dpto. de cultura, Casa Dopeso (Rúa Rosalía de Castro, nº 28, 1º)

De luns a venres de 8:30 a 14:00 H · Tardes: martes e mércores de 17:00 a 19:00 h

Telf. 981 44 03 44

Mail: cultura@aspontes.org

Pincha aquí: cartel matrícula Escolas Municipais curso 2014-15[1]