Escola de Rugby Fendetestas

 Este luns o Club Rugby Fendetestas comeza a promoción da ESCOLA DE RUGBY CR FENDETESTAS.
Serán dúas semanas moi intensas nas que visitarán á rapazada de tódolos cursos de primaria do Concello de As Pontes , Somozas e do Concello de Moeche. Contactarán directamente con máis de 500 nenos e nenas para meterlles o gusanillo deste deporte… E para que comecen a adestrar co club! Estarán a partir do 21 de outubro no campo indoor do Poboado, así que apuntádeos na axenda para probar!