Ensinanzas deportivas (FP)

 

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2019


REQUISITOS DE ACCESO:

GRAO MEDIO:

a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica ou acreditar un mérito deportivo. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.

b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza, ademais da proba específica.

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio, pola parte común da proba de acceso a ciclos superiores, pola proba de madureza dos ciclos medios e superiores de artes plásticas e deseño, pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

GRAO SUPERIOR:

a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, pódese requerir unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato.

b) Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

INSCRICIÓN NAS PROBAS:
O prazo de inscrición vai do 8 de xuño ó 10 de xullo de 2019.

Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 9 de setembro.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo IV.

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptacións nas probas de madureza e de carácter específico.

CELEBRACIÓN DA PROBA DE MADUREZA:

O 9 de setembro de 2019 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.

CELEBRACIÓN DAS PROBAS ESPECÍFICAS:
Setembro do 2019. Ver na resolución as datas concretas de cada especialidade e os lugares de cada proba.

PRAZO DE MATRÍCULA NAS ENSINANZAS DEPORTIVAS:
Dende a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 27 de setembro de 2019.

CENTROS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN NAS PROBAS: 
ENLACE COA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA: onde se publican as datas e horarios das probas, datas de matrícula nas ensinanzas, requisitos de acceso, contidos das probas,… .

INSTRUCIÓNS E CONTIDOS DAS PROBAS ESPECÍFICAS:

MÁIS INFORMACIÓN: