Encontro Internacional de Mozos/as ‘VIVE’

Recepción oficial de los 24 participantes, ayer en la Casa Dopeso.
Recepción oficial dos 24 participantes, onte na Casa Dopeso. Foto La Voz de Galicia
Os/as participantes, de entre 16 e 30 anos, convivirán durante 8 días nun entorno rural de As Pontes de García Rodríguez coñecendo o emprendemento ‘verde’.

Trátase dunha iniciativa deseñada para xerar oportunidades de futuro para os/ás novos e para o medio e que está financiada polo Programa Erasmus+ da Unión Europea.

Do 25 de agosto ao 1 de setembro, 24 mozos procedentes de España e Portugal convivirán nun ámbito rural situado nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña- Galicia), experimentando e compartindo diferentes iniciativas culturais, lúdicas e deportivas desenvolvidas polas empresas e asociacións locais. Un nutrido programa de actividades gratuítas ao aire libre co que se motivará e inspirará á xuventude no emprendimiento no ámbito da natureza, mostrando como este pode converterse nun exitoso nicho de emprego e un elemento de desenvolvemento rural sostible.

O intercambio está promovido por Ecos do Sur, en consorcio con Make it Better, Associação para a Inovação e Economia Social da rexión do Alentejo (Portugal) e coa colaboración do Concello de As Pontes de García Rodríguez. Con esta iniciativa, afondamos na liña de traballo marcada xa en anos anteriores con proxectos financiados pola Unión Europea como The Green Path, Opción+Futuro ou Medbridge, nos que os encontros internacionais de mozos son a ferramenta empregada para potenciar a cidadanía activa, a sensibilización sobre temas sociais e ambientais e as alternativas de emprego entre a xuventude.