Down Galicia precisa votos para a convocatoria Honda

Resultado de imagen de down galicia

Dende DOWN GALICIA necesitamos o teu apoio no noso proxecto “ESCUELA PARA TOD@S” presentado á convocatoria “Tu proyecto. Nuestro proyecto” de Honda. O obxectivo do noso proxecto é promover e facilitar a inclusión escolar dos alumnos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na escola ordinaria.
Dende DOWN GALICIA necesitamos o teu apoio no noso proxecto “UNA ESCUELA PARA TOD@S: inclusión educativa de alumn@s con Síndrome de Down y/o discapacidad intelectual” presentado á convocatoria “Tu proyecto. Nuestro proyecto” de Honda. O obxectivo do noso proxecto é promover e facilitar a inclusión escolar dos alumnos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na escuela ordinaria.
Para chegar á fase final, debemos quedar entre os 10 proxectos máis votados.

Se desexas apoiarnos indicámosche os pasos para votar:
1º paso: clicar na ligazón http://www.hondatuproyectonuestroproyecto.com/sumate_detalle.php?id=129
2º paso: clicar no recuadro “SÚMATE” (que aparece en azul), no lado dereito da páxina.
3º paso: cumprimentar cos teus datos e pinchar en “ENVIAR”
4º paso: será enviado ao teu e-mail unha ligazón. Súmate ao noso proxecto clicando en “APROBAR”.

Se ademais de sumarte ti, consideras de interese difundir a nosa iniciativa entre os teus contactos, estaremos moi agradecidos.
O prazo para votar remata ás 15:00h do 14 de decembro de 2015.
Saúdos e MOITAS GRAZAS.
[FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN, DOWN GALICIA]