Divírtete no Lago de As Pontes

A Concellería de Emprego , Turismo e Novos Proxectos do Concello de As Pontes pon en marcha do 5 ao 19 de Agosto actividades deportivas, culturais e socioeducativas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Será no Lago de As Pontes en horario de tarde (16:00 a 20:00 h).

Programa

Luns día 5 e día 12: xincanas

Martes días 6 e 13: xogos predeportivos

Mércores días 7 e 14: xogos de auga e xogos xigantes

Xoves 8 e 15: xogos populares

Venres días 9 e 16: deportes

Sábado 10 e 17 olimpiada e cociña

Domingo 11 e 18: xogos dirixidos e pinta caras

O luns día 19 rematará o campamento cunha FESTA PIRATA (búqueda do tesouro, xogos,, pinta caras, globoflexia e galeón no lago.

Organización das sesións:

16-16:30: repartición de grupos e presentación

16:30 a 17:30: actividade

17:30-18:00 recreo-merenda

18:00-19:30 deportes/xogos

19:30-20:00 recollida e saída

A organización disporá dun hinchable con acceso a todos os menores de idade axeitada de forma gratuita e sen necesidade de inscripción.

Organiza: Concello de As Pontes/Proxectos Daxe/Picariños