Día Internacional da Concienciación do Autismo

Con motivo do Día Internacional da Concienciación do Autismo,  2 de abril, a Asociación Por Dereito, integrada por cen familias de persoas con autismo de Galicia, intenta visibilizar este trastorno á sociedade.

Por este motivo ao fío da xestión do colectivo Por Dereito, nesta ocasión, na noite do vindeiro día 1 de abril, as torres Hejduk do complexo do Gaiás  iluminaránse de azul para dar conta da visibilización das persoas afectadas polo espectro autista está organizada unha “quedada” no Gaiás aas 20.00 horas a  que se invita a todas as persoas relacionadas con este trastorno: familias, amizades e profesores/as. E a primeira vez que a Cidade da Cultura se suma a esta iniciativa de Light it up blue que desde hai algúns anos vense levando a cabo en alguns monumentos de todo o planeta, como é o caso da Torre de Hércules o a estatua de Naiciña en Cambados.

Séguese  a utilizar o término “autismo” asociado a connotacións negativas porque se parte de mitos e informacións falsas como:

– as persoas con autismo non poden interactuar o comunicarse

– as persoas con autismo viven no seu mundo

– as persoas con autismo son incapaces de sentir, etc.

Isto da pe a que cada vez máis periodistas, políticos o líderes de opinión se sumen ao uso abusivo do término “autista” para descalificar. E decir, lemos nos medios de comunicación o escoitamos en boca de políticos «goberno autista» o «fulanito é autista» cando queren expresar que ese goberno o esa persoa non cumple co seu traballo, non escoita, non se entera da realidade, non mostra empatía cos problemas, é incapaz de ofrecer solucións o carece de sentimentos.

Por qué fai falla recurrir –e ferir a dignidade- a un colectivo de persoas para atacar e descalificar a outra persoa o colectivo?

Entendemos que non hai mala intención, senón descoñecemento o mal uso do diccionario. Convivir co autismo implica tamén unha importante labor de concienciación na sociedade: convenceremos sempre desde o respecto. O descoñecido, ademáis de asustar, alenta a difusión de informacións falsas. Temos que dar a coñecer a visión positiva do autismo á par de fomentar un tratamento digno para todos os afectados. Un gran traballo por diante.

Ilustración de Fátima Collado                                                                       

Autismo non é sinónimo de persoas indiferentes que viven ailladas no seu mundo.  As persoas con autismo sinten, interactúan, comunicanse –con o sen linguaxe-, comparten, son loitadores natos que se esforzan a diario e lles é difícil entender a ironía, os xogos de palabras o a mentira –pero ata eso aprenden en moitos casos coa estimulación axeitada-.

Si se coñecera a realidade do autismo, a ninguén se lle ocurriría máis que asocialo coa “superación”, “esforzo”, “nobreza”, “cariño” o “sensibilidade”.

A prevalencia do autismo hoxe en día é o suficientemente significativa como para promover accións de información e sensibilización, con afirmacións que se apoien en evidencias científicas e axustadas  realidadé. Segundo o Instituto de Saude Carlos III, un de cada 150 nenos presenta algún trastorno dentro do espectro. Hai máis de 200.000 afectados en España e 67 millones en todo o mundo. Hoxe en día, os avances se producen sempre e, as veces, a pasos de xigante. Cunha estimulación axeitada, canto máis intensa mellor, evolucionan cara metas impensables hai uns anos. Por eso, debemos loitar todos xuntos para favorecer a inclusión.

Celebracion_do_Dia_Mundial_de_Concienciacion_do_Autismo_en_Galicia