Día Europeo da Información Xuvenil. Xornada: “A información na prevención de condutas adictivas”

 

Con motivo do día Europeo da Información Xuvenil a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza a Xornada: “A información na prevención de condutas adictivas” en Santiago de Compostela o día 17 de abril de 2018

Obxectivos
Concienciar as persoas que traballan coa mocidade sobre a importancia da Información para a prevención do consumo de alcol e drogas na xuventude.

Destinatarios/as
Informadores/as e técnicos/as de Xuventude, técnicos dos Espazos xove, dinamizadores xuvenís, titulados e estudantes de TASOCT, entidades prestadoras de servizos a Xuventude,  persoas interesadas na temática.

Prazo de inscrición:  O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de abril as 14.00 h.

Solicitude de inscrición na Xornada  “A información na prevención de conductas adictivas”: http://xuventude.xunta.es/formularios/modelo-formulario-actividades-formacion

Prazas limitadas.
Criterios de selección: por orde de inscrición.
As persoas admitidas comunicaráselle por correo electrónico.

Lugar: Salón de Actos do MUPEGA. San Lázaro. Santiago de Compostela

PROGRAMA
9:45 Recepción asistentes

10:15 Inauguración: Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez.

10:30 Mesa redonda
A información xuvenil no eixo de Xuventude e Saúde. Suso Antelo García. Director do Centro coordinador de información Xuvenil.
Prevención do consumo de alcol e drogas  na xuventude: Condutas de risco e antisociais. Antonio Rial Boubeta. Profesor titular da USC
Relación entre o consumo de alcol e drogas co uso problemático de internet. Manuel Isorna. Doutor en psicoloxía. Profesor asociado UVIGO e psicólogo no concello de Catoira.
Debate.

12:00 Relatorio
Alcol e drogas desde o ámbito penal. Raquel Pagola Quintana e José González Pértega. Departamento de Participación ciudadana da Policía Nacional.

12:30 h Mesa Redonda.
Visión dos e das mozos/as sobre o incremento do consumo de tabaco, alcol e drogas. Gabriel Álvarez Rodríguez, traballador social no Proxecto Home. Correspondentes xuvenís do IES Rosalia de Castro

13:30 Clausura

Fonte:xuventude.xunta.es