Día da bicicleta en As Pontes

As Pontes acollerá este domingo a sétima edición do Día da Bicicleta, unha cita organizada polo concello de As Pontes xunto cun grupo de comunicación e que volverá espertar, unha vez máis, a paixón polo deporte das dúas rodas entre pequenos e adultos.
O día 28, ás 11.00, están convocados todos os veciños e veciñas que desexen sumarse a esta cita, iso sí anotándose previamente no rexistro xeral do concello, no polideportivo municipal ou ben no propio posto que a organización do evento instalará diante da Casa do Concello o mesmo día da proba.
A saída da mesma está programada para as 11.30 e o percorrido será do máis asequible para todo tipo de idades e condicións físicas. Serán uns nove quilómetros de distancia cunha roita que partirá de diante da Casa do Concello para pasar por a avenida de Castelao, Ortigueira, Galicia ou Vilalba e na que será obrigatorio o uso de casco protector.
Asemade, a rota incluirá unha parada para o avituallamento no entorno do lago.
Coma sempre, a inscrición será gratuíta e cada participante optará a diferentes agasallos coma unha bicicleta e lotes de libros, que doará o Concello de As Pontes, e diferentes agasallos doados polos comercios locais.
Dende o Concello, como ven sendo habitual, animan a toda a veciñanza a desfrutar desta xornada de deporte entre familia e amigos.