Deseñando o teu futuro

Rapaces ponteses participaron no programa Deseñando o teu futuro

 

­

Media ducia de rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos visitaron hoxe esta casa ao abeiro do programa Deseñando o teu futuro, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Xunta de Galicia, co fin de aproximar á mocidade galega ao ámbito sociolaboral e facilitar que os rapaces escollan unha saída laboral.

Estes mozos puideron coñecer máis polo miúdo como é un día na redacción deste medio, entre ordenadores, emails e chamadas de teléfono e incluso o que hai detrás da cámara que, a diario, achega a información local aos fogares ponteses.

Tamén houbo tempo para facer os seus primeiros piniños ante o micrófono de Radio Eume, onde cada rapaz nos presentou a súa canción favorita deste verán e algúns detalles curiosos do seu intérprete.

Ademáis de estar de visita pola radio e televisión locais, este grupo de mozos e mozas puideron pasarse polas diferentes oficinas da Casa do Concello e por servizos como o da policía municipal ao que, nos vindeiros días tamén se sumarán outro tipo de actividades, neste caso con saídas por diferentes empresas locais que abrirán as súas portas a estes mozos. 

Deseñando o teu futuro é un programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral mediante o desenvolvemento de estadías–visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e privadas, facilitando, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Un grupo de 7 rapaces entre os 14 e os 18 anos visitaron Xaraleira, o Concello e San Roquiño. O obxectivo é que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.