Cursos na Aula CEMIT

A Aula Cemit de As Pontes abre o prazo de inscrición para tomar parte nunha nova edición dos seus cursos gratuítos

Iniciación á mecanografía. Terá unha duración de seis horas, entre o martes 5 de Novembro e o xoves día 12, e en horario de dez a once da mañá.
Ao seu remate comezará o curso de busca de información en internet, cunha duración de catorce horas, e en horario de martes a xoves de once a doce do mediodía.
Tamén o martes día 4, pero xa en horario de tarde, de catro e media a seis e media realizarase un curso de 4 horas de duración de compra e venda por internet.
Curso de organización de viaxes a través de internet. Será un curso de catro horas e media de duración, que se vai desenvolver en dúas xornadas o xoves día 6 e o venres 7 de Novembro, en horario de catro e cuarto a seis e media da tarde.
Para a semana do 18 de Novembro está prevista a realización do curso denominado “Lee e edita os teus libros electrónicos”. Terá unha duración de catro horas, repartidas en dúas xornadas martes e mércores, 18 e 19 de Novembro, respectivamente, e en horario de dez a doce do mediodía.
Curso de iniciación ás follas de cálculo para o que se pide un nivel básico de manexo de ordenadores e ao que só poderán sumarse un máximo de 10 participantes. Neste caso, a carga lectiva será de 10 horas, e o curso comezará o martes 19 de Novembro e prolongarase ata o mércores 28 de Novembro.
E xa dentro da iniciativa Faite Dixital, un itinerario de capacitación tecnolóxica orientado a ofrecer aos participantes ferramentas e coñecementos que favorezan a empregabilidade, o emprendemento e a adquisición de novas competencias dixitais, a Aula Cemit das Pontes vai ofrecer neste mes de Novembro, dous cursos, impartidos pola modalidade de videoconferencia. O primeiro é “Redes Sociais”, un curso que pretende dar unha visión das redes sociais máis empregadas na actualidade, como usalas e a maneira de poder facer Marketing a través delas. Está dirixido tanto a particulares como tamén a empresarios que desexen aprender a promocionarse a través das redes sociais. O número de prazas ofertadas é de 18, e o curso desenvolverase entre o 10 de Novembro e o martes 18 do mesmo mes, en total 24 horas lectivas. O segundo curso enmarcado na iniciativa Faite Dixital está realcionado coa Marca Persoal e con él preténdense dar as pautas necesarias para elaborar unha marca persoal propia, concienciar aos alumnos e aumnas da importancia do branding e poñer á disposición deles os coñecementos necesarios para promocionar a marca a través de internet e as novas tecnoloxías. Este curso, para o que se convocan 18 prazas, está dirixido principalmente a a empresarios que queran ampliar coñecementos na utilización da marca persoal. Terá unha duración de doce horas repartidas en seis sesións, do martes 26 de Novembro ao mércores 4 de Decembro.
Todos estes cursos están abertos á participación dun máximo de 12 alumnos e alumnas
Para apuntarse en calquera destes cursos ou para obter máis información abonda con que se acheguen á aula Cemit das Pontes, no soto da Casa Dopeso. Tamén poden telefonar ao 637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a web cemit.xunta.es
Finalmente temos que lembrarlles que o horario de atención da aula CEMIT é de luns a venres, de dez da mañá a dúas da tarde, e dende as tres e media ata as seis e media da tarde, aínda que nos días nos que hai curso, este horario pode sufrir algunha pequena variación.