Cursos maio aula CEMIT

 

 

Comezamos o mes coa actividade “Aprende a usar a tablet para maiores”
O obxectivo deste curso é aprender a configuración e uso dunha tablet. Está orientado a persoas maiores que atopen dificultades no uso das novas tecnoloxías. Contamos coa colaboración de Fundación Vodafone, polo que se non tes tablet, prestamoche unha.

Contidos:
•Qué é unha tablet?
•Qué podo facer co unha tablet
•Configuración básica
•Navegación por Internet
•Instalación de aplicacións
•Aplicacións útiles para a vida cotiá
O

 

O día 10 en horario de 17:00 a 18:30 empezará un curso de Creación de páxinas web. O obxectivo deste curso é aprender a configuración e administración dunha páxina web mediante un dos xestores de contidos máis utilizado na actualidade: WordPress,

 

Contidos:
•Que é WordPress?
•Instalación e aloxamento de WordPress
•Configuración.
•Creación de contidos e seccións.
•Administración da páxina.

 

Horario da Aula
Luns a xoves 09:00 a 14:00 e 15:30 a 18:30
Venres de 10:00 a 13:00
Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula

 

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a web https://cemit.xunta.es.
Axente TIC, Agustín Purriños Romero.