Cursos gratuitos CELGA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga 1,2,3 ,4.


Os cursos impartiranse entre setembro de 2013 e febreiro de 2014, en horario de mañá ou de tarde.

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega. As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso.

EOI de Ferrol

Real, 29 15402 Ferrol Teléfono: 981 32 40 25 Fax: 981 37 01 45 Correo electrónico: eoi.ferrol@edu.xunta.es

Nivel Data de inicio Data de fin Horarios Días
Mañá Tarde
Celga 2 Outubro 2013 Xaneiro 2014 18.30-20.30 Martes e mércores
Celga 3 Outubro 2013 Decembro 2013 11.30-13.30 Luns, xoves e venres
Celga 4 Outubro 2013 Xaneiro 2014 18.00-20.00

16.00-18.30

Martes

Venres

Mais info: AnuncioG0164-280813-0001_gl