Cursos de verán

Cursos de Verán 2015 no Centro Coordinador de

O Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil convoca os Cursos de Verán no ano 2015. As actividades de formación están dirixidas a actualización do persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil (RGIX) e a mozos e mozas en xeral interesados na materia.

Todos os cursos serán a distancia.

Dinamización da promoción da saúde e da prevención en entidades xuvenís. (inscrición do 1 ao 15 de xuño)
Formación para a dinamización da igualdade de xénero dende entidades xuvenís. (inscrición do 8 ao 23 de xuño)
Curso de Mediación educativa en conflitos xuvenís. (inscrición de 15 so 30 de xuño)
O sistema sexo-xénero e a súa implicación nos hábitos de saúde da mocidade. (inscrición do 22 de xuño ao 2 de xullo)

Destinatarios.
As actividades de formación están dirixidas a actualización do persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil (RGIX) e a mozos e mozas en xeral interesados na materia.

Criterios de selección.
A admisión aos cursos virá dada pola orde de presentación das solicitudes de inscrición e coas prioridades que a continuación se especifican:
1º Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.
2º Mocidade de 18 a 30 en posesión do Carné Xove.
3º Resto dos solicitantes.

Procedemento de inscrición.
A solicitude dos cursos efectuarase unicamente por vía telemática a través da páxina web no formulario habilitado para cada curso; calquera solicitude que non se faga deste xeito considerarase desestimada.

O prazo de presentación de solicitudes será o que se indica en cada curso. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, as prazas nos cursos serán asignadas segundo os criterios xerais de selección.

Os solicitantes poderán ser requiridos para presentar documentación complementaria a efectos de xustificar circunstancias específicas a efectos de selección.

As comunicacións sobre admisión, así como calquera outra información relativa aos cursos,  serán enviadas por correo electrónico e por SMS, no seu caso. As persoas solicitantes deberán dispoñer dunha conta de correo electrónico especificada na solicitude.

Participación nas actividades formativas.
Centro Coordinador de Información Xuvenil resérvase o dereito a suspender ou cancelar calquera dos cursos no suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50% das prazas convocadas.

Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico para información xeral: oixuventude.traballo@xunta.es