Cursos Aula CEMIT

A Aula CeMIT das Pontes de García Rodríguez programa catro actividades para o mes de Abril.
26/03/15

Curso de “Uso de teléfonos móbiles para persoas maiores: Segunda parte “:

Inicio: Mércores 08/04/2015. Remate: Martes 21/04/2015.

Horario: De Luns a Venres de 10:30 a 11:30.

Horas: 10.

Continuación do curso de móbiles do mes pasado, no que continuaremos a ver as principais funcionalidades dos móbiles Android e as aplicacións máis útiles.

Curso de “Iniciación á informática co teu portátil:

Inicio: Martes 07/04/2015. Remate: Venres 17/04/2015.

Horario: De Luns a Venres de 16:30 a 18:30.

Horas: 16.

Pensado para aquelas persoas que queren aprender a usar o seu portátil. Veremos como xestionar Windows a nivel básico e faremos unha pequena introdución a Internet.

Curso “Creación de páxinas web con WordPress“:

Inicio: Martes 21/04/2015. Remate: Xoves 29/04/2015.

Horario: De Luns a Venres de 16:30 a 18:30.

Horas: 14.

Curso destinado a xente interesada a realizar unha páxina web básica. Utilizaremos o xestor de contidos WordPress, un dos xestores máis utilizados na actualidade.

Curso “Introdución ás follas de cálculo“:

Inicio: Martes 21/04/2015. Remate: Xoves 29/04/2015.

Horario: De Luns a Venres de 12:00 a 13:30.

Horas: 12.

Curso de introdución ás follas de cálculo usando a suite ofimática LibreOffice. Veremos como crear follas, introducir datos e fórmulas, facer gráficas e todo o relacionado con un uso básico de este tipo de programas.